A Fed. Itaca é membro de
Quen somos
- Federación
- Páxina Inicio
- Local Social
- Faite Socio/a
- Contacta
Sendeirismo
- Actividades
- Fichas de Rutas
- Asoc. Carricanta
Gastronomía
- Actividades
- Asoc. A Troita
Xogos
- Actividades
- Asoc. Itaca
Fotografías
- Imaxes
Publicacións
- A Revista
- Páxina Aberta
Enlaces
- Páxinas Amigas
Outras
- Documentos
- Historico Novas
O Foro de Itaca
Opinións
Histórico
SAÍDA TROITALEVÍN A GUARDA
Publicada o 03/07/2009
Faremos unha visita polo poboamento castrexo de Santa Trega, e como non podía ser doutra maneira nesta época, pola tarde teremos mar e baño na praia de Camposancos. Os alevíns da troita non teñen medo a catar a auga salgada. A ver se atopamos algún xurelo.
[+] Máis
Asinado: Troita
VIDE-O-VENRES CULTURA MARIÑEIRA
Publicada o 08/05/2009
O vindeiro venres oito de maio teremos ocasión de aproximarnos á cultura mariñeira da man de Luis Rei e a Proxección do documental: Txincherpe sobre as viaxes a Terranova e a fundación desta localidade Guipuscoana por mariñeiros galegos. Luís Rei: bibliotecario, técnico cultural, escritor e animador sociocultural. Comisario das exposicións “o mar tamén ten muller, “O Grobe, femenino plural” e exposición da cultura mariñeira de Brest 2008. Membro da federación de cultura mariñeira e do grupo de investigación “Mascato” e organizador do proxecto Cabanillas 2009. As 20.30 horas no noso local.
[+] Máis
Asinado: a troita
SAÍDA TROITALEVÍN. PAN DE CEA.
Publicada o 14/04/2009
A Troita xunto cos seus alevíns partirá para as terras ourensáns do concello de Cea este sábado, 18 de abril. O sábado pola mañá coñeceremos o mosteiro de Oseira da man dos seus monxes e o museo Liste (primeira apeiroteca do país). Asemade daremos un pequeno paseo ata o forno comunal de San Martiño (1.5Km). Comeremos á beira do río canalizado polos monxes para abastecer ao mosteiro. Pola tarde faremos un percorrido polo casco histórico de Cea para visitar os fornos rehabilitados e desentrañar todos os segredos do riquísimo pan de Cea. Os exemplares adultos da Troita poderán prolongar a súa estancia no concello de Cea ata o domingo e aproveitar para facer algunha pateada polo entorno deste concello.
[+] Máis
Asinado: Troita
VIDEOVENRES GASTRONOMICO
Publicada o 26/02/2009
Este venres 27, as 20.30 disfrutaremos dun videovenres gastronómico da man de Xavier Castro e Mercedes Pintos dúas persoas que teñen estudado a historia da vida cotidiana arredor dos xantares e "beberes". Tamén poderemos catar un chopiño de crema de grelos , espetiño de polbo, tosta de lacón, mexillón en tres salsas e empanada de maza e bica de noces. Xavier Castro: Catedrático de historia contemporanea da U.S.C. Autor de libros míticos ente os que salientar o galeguismo na encrucillada republicana, A lume manso. Estudos sobre a historia da alimentación, Ayunos y yantares: usos y costumbres en la historia de la alimentación, Cultura do viño en Galiza e outros espazos peninsulares Historia da Vida cotiá en Galicia (S. XIX-XX). Membro da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación e activista-organizador de catas de viños. Mercedes Pintos: historiadora e activista da nosa gastronomía. Ten publicado un estudo sobre a iconografía da muller pecadora na catedral de Santiago e o libro, tamén mítico A lume lento: cen anos de hostalería en Compostela.
[+] Máis
Asinado:
XVI NOITE DO POLBO
Publicada o 21/07/2008
Un ano máis a noite faise polbo en Pombal 18. Este ano contaremos cun polberio profesional que prepará á feira as racións do octopus. Haberá entrantes e saíntes que a organización aínda está debullando, pero podes ir reservando xa o teu sitio, non vais quedar a vela vir.
[+] Máis
Asinado: A Troita
RUTA DE VIÑOS ZONA NOVA
Publicada o 18/06/2008
Mais de cen rutas de viños que levamos feito na cidade. Retomamos a zona nova da man dunha burgalesa-galega de pro, e intentaremos aclararnos sobre as cuestións que formula: "Como que fora tan doado. No ecuador que en toda vida marcan os 40 eu me pregunto ¿qué é novo? ¿qué é vello?. Como que fora tan doado. Como burgalesa e a miña colega Pilar identificarase coa expresión “vamos a lo viejo o vamos lo nuevo” véxome no reto de pasearvos polo novo nunha ruta cargada de nostalxia, dese punto de tal como éramos, reto moi complicado si non estudaches en Santiago, non te emborrachaches nas galerías, non nada de nada porque aínda non existías para este país. Pois ben, paso de todo, a miña xuventude non pertence a esta cidade, os meus botellóns transcorreron á sombra da pata do Cid Campeador, así que sen nostalxias vos propoño unha ruta que para todos resultará un pouco diferente, pero é o que hai nenos que ao final o que importa é o líquido elemento e bares no novo hai a varrer."
[+] Máis
Asinado: A troita
TROITALEVÍN
Publicada o 14/05/2008
O vindeiro 31 de maio, preparamonos a saír polo mundo acompañados daquelas personiñas máis novas ás que tanto queremos. Non sempre van quedar na casa. Coñeceremos o Centro Arqueolóxico do Barbanza,o castro de Neixón e a necropoli megálitica . Faremos unha pequena ruta de senderismo polas distintas mamoas e, na subida á necropolí visitariase a fervenza de Cadernoxo. A excursión rematará cun serán de praia, das moitas que teremos para elexir.
[+] Máis
Asinado: A troita
VIDEOVENRES APOSTASÍA
Publicada o 18/04/2008
O día 18, un novo videovenres, desta volta falaremos da espiñenta cuestión da apostasía. ¿Conseguiremos abxurar da nosa fe? ou pola contra ¿considerarémolo innecesario e incluso inconvinte facelo? Para decidilo contaremos coa presenza de José Manuel Pacho, avogado , escritor e profesor de dereito que nos aclarará cousas tales como se vivimos ou non nun estado laico... Pola outra banda, está por confirmar a participación da persoa que defenderá as opcións relixiosas.
[+] Máis
Asinado: A troita
ROTA DE VIÑOS DESCENDENTE: DE BASQUIÑOS AO POMBAL
Publicada o 15/03/2008
Viños pola Compostela asociativa, do local da Gentalla do Pichel ao local da Troita Armada, paradas en lugares estratexicos con apetecibesi caldos, cea no local a cargo de prestixiosos chefs. Alá estaremos!
[+] Máis
Asinado: A Troita
SAÍDA A FONSAGRADA
Publicada o 26/02/2008
"O lado escuro amañece de novo cunha proposta para hedonistas ortoréxicos a procura da felicidade. O proxecto é a toma das terras estremeiras da Fonsagrada, paisaxes de cotas medias e baixas entre os 1.000 e os 200 metros pero de pendentes abruptas, laboradas polo canon do Návia. Cultura de transición cara a Asturies, bosques mediterráneos e atlánticos no mesmo espazo, gastronomía poderosa, lecer ata o amencer e cultura política radical de carallo.
[+] Máis
Asinado: A TROITA
MARISCO PARA TOD@S ¡UNHA VEZ AO ANO!
Publicada o 16/02/2008
Vai xa para seis anos que decidiramos facérmonos unha homenaxe cun marisco que, daquela, estaba ben negro, coma case tod@s nós. Moito choveu dende aquela e algo limpouse a paisaxe, aínda que ten que seguir chovendo. Mais fieis á nosa cita, este sábado 16 de febreiro, homenaxearémonos unha vez máis, xunto coas nosas centolas, ameixas, nécoras, mexillóns... que virán especialmente dende O Grove cara Compostela
[+] Máis
Asinado: A Troita
 
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
XULLO
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
ver actividades
Carricanta 2005
Proxecto Ríos
Bicheria atopada
Bicheria atopada
ampliar
PÁXINAS AMIGAS
- Guía Miguelín
- Funlibre
- xogos populares
- VA-CA
ver todas